Derrota xusta

Aínda que o marcador reflexa a superioridade do Calasancio os nosos demostraron que se pode perder con orgullo ante, ao noso parecer, o mellor equipo da competición e o que mellor fútbol practica.

Nada máis empezar os nosos empezaron cun gol en contra o que xa os lastro todo o encontro co dous cero as cousas puxéronse moi costa arriba nese momento xurdiu a caste dos nosos nenos que se dedicaron a pelexar todos os balóns como facía tempo non os viamos, o un dous viño dunha falta directa de Pedro, aínda que enseguida o Calasancio volveunos a marcar nun fallo do noso porteiro, a pesar de todo e dos goles que nos caeron na segunda parte así como as numerosas ocasións que tivo o Calasancio os nosos non se deron por vencidos e intentaron acurtar distancias en todo momento.

Non podemos, nin debemos, pór escusas polas baixas que arrastramos, nin que a maioría dos nosos xogadores eran de primeiro ano, porque se pelexo e perdeuse ante un gran equipo formado por uns excelentes DEPORTISTAS, que esperamos sígannos facendo gozar en anos sucesivos pois en partidos así é como se aprende a xogar e a competir

 

O Ribeiro

O Calasancio

 

 

 

Moita forza
Despois dun gol
cun sorriso pelexa ante un gran equipo