Nun mal partido dos nosos el Ponte conseguiu un valioso empate, grazas á súa fe e ás ganas que esta vez faltáronlle aos benxamíns.
Nun principio presumíase un partido complicado para os benxamíns pois se enfrontaban o terceiro e o cuarto clasificado da liga e na ida xa se demostrou que ambos os equipos realizaban un bo fútbol e que se entregaban ata o final, pero esta vez non foi así ,o Ribeiro mostrouse moi superior na primeira parte pero sen dar a sensación de que se entregasen ao máximo das súas posibilidades e sen realizar un xogo claro , aínda así fóronse ao descanso cun tres un no marcador.
Na segunda parte o Ponte acurto distancias, co tres dous parecía que había partido e vimos algo do que nos teñen afeitos, rapidamente responderon ao gol contrario e crearon moitas ocasións, pero como adoita pasar o que perdoa perde e a falta de dez minutos o adestrador contrario xógalla e saca ao porteiro por un xogador de campo que xoga moi adiantado e consegue crear unha sensación de abafo impensable ata eses momentos, un penalti e un barullo na área déronlles un empate merecido