![]() |
![]() |
|
![]() Bo partido o xogado onte Debido á ocupación do campo o fin de semana pasado polos atletas, disputamos onte o partido de copa contra o Ponte.
Comezaba o partido coa incidencia da non aparición do árbitro. Consideramos que é unha boa medida esixir aos clubs que cando debes aprazar un partido pola causa que sexa desígnese unha data co fin de evitar a acumulación de partidos atrasados nas competicións e os posibles prexuízos que poidan ocasionar a terceiros equipos que descoñecen a súa situación real na clasificación, pero a medida ten que ser consensuada con todos, Federación clubs e árbitros. Non é bo para o fútbol base provincial que os partidos que se xogan entre semana teñan que ser arbitrados por persoal alleas ao Colexio de árbitros. O partido xogado onte foi un deles e aínda que podemos consideralo unha anécdota cremos que se debería corrixir. Comezaba o partido cunha presión asfixiante dos nosos en campo contrario o que impedía ao Ponte saír co balón xogado, esta presión facía que nos adiantásemos no marcador no minuto seis. Seguimos dominando o partido fallando moitas ocasións de gol. Novamente adiantámonos no marcador 2-0. Cerca do descanso nunha falta ao bordo da área o Ponte recortaba diferenzas e así chegabamos ao descanso con 2-1. O segundo tempo debido á calor e ao desgaste físico os nosos baixaron a presión, o que fixo que o Ponte pasara a dominar o partido. Nun tiro afastado empataban o partido, os nosos viñéronse abaixo e a partir dese momento o dominio visitante converteuse en dous goles para acabar o partido co resultado de 2-4. Como curiosidade no minuto sete do primeiro tempo o adestrador visitante para o partido para dicir que os balóns cos que se xoga non son legais porque botan moito. Desde aquí dicirlle que os balóns son legais, e sentimos que o noso campo non sexa tan bo como o deles, xa nos gustaría dispor dunhas instalacións tan boas.
|
|||||||||||||||