DERROTA INXUSTA, NUN PARTIDO MOI IGUALADO.

Hoxe pola mañan en Oira, os dous equipos xogaron un partido  de poder a  poder, na que o aspecto defensivo primou sobre o ofensivo, e o partido decidiuse nunha xogada afortunada para o Ourense. Houbo poucas ocasións de gol, pero o partido estivo moi entretido e o ritmo foi moi bó, con intentos dos 2 equipos por triangular, pero habia moita loita no mediocampo ,as defensas estiveron moi centradas e os porteiros fixeron boas paradas.  
  
No primeiro tempo apenas houbo ocasións de gol e chegouse ó descanso co resultado de 0-0.

Na segunda metade o xogo segúia sendo moi trabado e xa se intuía que quen marcase o primeiro gol, levaba todas as de ganar; faltando menos de 10 minutos para rematar, a nosa defensa despexa erroneamente para o centro ,deixandolle unha boa posición de disparo a un contrario, que tira forte dende o borde da área con dirección a escadra, Xoan saca unha man despexando, e o rexeite é aproveitado por outro xogador que tira forte dende a área pequena, o noso porteiro volve a parar pero o balon sai despedido, pega no poste e entra.

O Ribeiro apretou, creando un par de ocasíóns que non se convertiron en gol polo acerto do porteiro.
 
Os nosos intentárono, pero igual que a semana pasada contra o Calasancio, cando nos toca un rival moi peleón que non nos permite xogar (interrumpian o xogo constantemente con faltas, agarróns , empuxóns...), fannos moito daño .  
 
Xogaron: Xoan, Alvaro, Xabi, Xoel, Luis, Pablo,Abel  , Lucas, Jesune, Fran, Daniel e Pedro.