![]() |
![]() |
|
OS ALEVÍNS NON PUDERON CUN EQUIPO MOI COMPENSADO RIBEIRO 1 - CALASANCIO 3
Presentábase un partido difícil ante o Calasancio, terceiro clasificado, que conta cun equipo moi compensado o que é dificil ganarlle, é proba diso e que de momento só perdeu un encontro. Nos primeiros 10 minutos o partido estivo igualado, e primaba o aspecto defensivo dos dous equipos. O partido abriuse logo dun corner, no que o Calasancio aproveitandose dun fallo defensivo, marcaba o primeiro gol,cun remate de cabeza no segundo pau. En outra xogada afortunada marcaba un gol pola escuadra despois dun tiro de longa distancia. Co resultado de 2-0 chegouse o descanso. O Ribeiro intentaba crear ocasions de perigo, pero a defensa do Calasancio estaba moi atenta e o porteiro tamén facia ben o seu traballo. En ningún momento tivemos a sensación de poder empatar xa que o xogo do rival era bo tanto ofensivamente como defensivamente; un equipo moi compacto. Nunha xogada volvian marcar outro gol; faltando 5 minutos para rematar o Ribeiro marca o seu goliño o aproveitar Fran un pase de Abel , e marcar de tiro alto , case sen ángulo dende a dereita. Hoxe o Ribeiro non pudo xogar coma noutras ocasions e tivo que aplicarse defensivamente , pois o rival levou sempre a iniciativa. Destacar a faceta defensiva do noso equipo e a actuación do porteiro, que é o descubrimento desta tempada,xa que nunca xogou nesa posición. Xogaron: Juan, Alvaro, Xabi,Xoel, Luis, Abel, Fran, Pablo,Edgar, Ivan,Pedro Gol: Fran.
|
|||||||||||||||