![]() |
![]() |
|
Resultado xusto ARENTEIRO 1 - RIBEIRO 1 Domingo, 10,30 h , no excelente campo de Herba artificial da Uceira, enfrentábanse os nosos co Arenteiro, nunha mañan xélida na que o frio notouse nos nosos xogadores, os que lles faltou un pouco de chispa e definición, para materializar as xogadas de ataque. Empezou dominando o Ribeiro, e froito deste dominio os 10 minutos, Yesoneh aproveita un pase de Abel e inaugura o marcador. Os dous equipos intentaban xogar o balón, o Arenteiro saía xogando dende atrás, e o Ribeiro iniciaba o xogo no medio de campo tras saques do seu porteiro; pouco antes de chegar o descanso o Arenteiro aproveita un rexeite de Juan (o noso porteiro) e empata o partido. Na segunda metade o Ribeiro dominou o xogo e tivo varias ocasións para porse por diante no marcador pero o porteiro do Arenteiro tivo unha actuación moi boa. Faltando menos de 5 minutos para rematar o noso adversario fallou duas ocasións , propiciadas polas boas paradas de Juan, que poideron poñer o partido do seu lado.- Resultado xusto en base o xogo e as ocasións de ambos equipos. Xogaron: Juan, Daniel, Xabier, Alvaro, Xoel, Edgar, Yesoneh, Pedro, , Luis, Abel e Lucas. Aproveitamos para desexar a todos un Feliz Nadal.
|
|||||||||||||||