O Ribeiro gana polo bo traballo defensivo e acerto na execución de dous faltas directas.

Presentabáse un partido difícil contra o terceiro clasificado, e así foi pois vimos un partido moi disputado no que o traballo defensivo predominou sobre o ofensivo; foi un partido de poder a poder no que o Ribeiro estivo ben colocado e defendeuse ben aproveitando dous tiros directos para batir a meta do Pabellón.

Terminamos a primeira parte ganando 1-0 ó meter Adri un gol de falta directa.

O xogo seguia igualado pola loita dos 2 equipos, e nunha falta de entendemento entre a defensa e o noso porteiro, nun rexeite na frontal da área ,con un tiro elevado o Pabellón consigue o empate.

O Ribeiro non se desanima, pelea todolos balóns e forza unha falta cerca da area, que termina en gol ó mandar Alex un tiro raso e potente.

Faltando pouco para rematar , quen apreta é o equipo local, pero Brais desbarata dúas ocasions de gol facendo unhas boas paradas.

Xogaron: Borja,Adri,Gabi,Fran,Alex,Luis,Aarón;Abel,Miki,Xoel,Julio e Brais.

Os nosos