![]() |
![]() |
|
![]() O Ribeiro gaña un partido moi complicado Partido moi importante o que se presentaba no Xestal entre dous equipos que aspiran a meterse no Campionato galego alevín. O encontro discorreu con numerosas interrupcións o que nos privou de ver un partido de xogo combinativo. Os nosos adaptáronse rapidamente utilizando un xogo moi directo, en momentos abusábase do mesmo, e aproveitando o lanzamento de faltas. De todas as maneiras o primeiro gol veu ao aproveitar Alex un pase longo e cruzar o balón cando o porteiro saída á desesperada. O 2-0 non se fixo esperar; Fran recolle o rexeite do porteiro a lanzamento de falta directa executada por el mesmo. O 3-0 foi obra de Adrián de falta directa. O Promesas achegouse no marcador nunha indecisión da defensa que aproveita o seu dianteiro para cabecear por encima de Borja, que anteriormente realizara unha excepcional parada ao despexar a córner un remate de cabeza. Co resultado de 3-1 fómonos ao descanso e coa sensación de que todo estaba sendo moi fácil. Na continuación o equipo visitante presionounos moito máis e puxo incerteza no marcador ao conseguir o segundo gol (non puido ser recollido pola nosa cámara). Os nosos, novamente Adrián de falta directa, conseguiron pór terra polo medio, pero volvemos ver perigar a vitoria cando o Pabellón Promesas de bonito remate conseguía o terceiro gol. Non foi suficiente e fixémonos cunha vitoria moi importante no noso intento de estar entre os catro primeiros. Os nosos O Pabellón Promesas O árbitro cós capitáns |
||||||||||||||||