MAÑÁ COMEZA O III TORNEO ALEVÍN DO RIBEIRO

Todo está preparado para que de comezo ao espectáculo do fútbol onde os rapaces nacidos en 1999 e posteriores dos 12 equipos participantes gozarán do deporte rei: o fútbol.

O Celta de Vigo parte como favorito logo de conseguir o título nas dúas edicións anteriores, pero hai moita calidade no resto de competidores e seguro que non llo porán nada fácil. O Deportivo da Coruña, Racing de Ferrol, Lugo, Santa Mariña..., son unha mostra de que este Torneo que mañá comeza é un dos máis importantes de Galicia nesta categoría.

Recordar que o Torneo, moi ao noso pesar, realizarase en San Cristóbal. Os organizadores do evento están traballando moi duro para que todo estea do agrado de todos os participantes e para o público que queira gozar do acontecemento.

Os xogadores e técnicos disporán dun autobús que lles desprazará ata o restaurante onde comerán antes de comezar os cuartos de final do Torneo.

Para poder chegar ao campo do Souto terán que saír pola saída 252 da A52 e ir en dirección Vigo/Ribadavia/Carballiño pola N120. Ao pasar a gasolineira saír á dereita en dirección Ribadavia/Carballiño. Nada máis saír parar no STOP e coller á esquerda en dirección Carballiño. A 700 metros saír da estrada á dereita en dirección ao Campo de fútbol.

 

Campión do II Torneo, o Celta de Vigo