O RIBEIRO EMPEZA BEN PERO NON LOGRA MANTER A VANTAXE.

Na primeira metade o Ribeiro fixo o mellor xogo de toda a temporada ,xogou con intensidade, combinando, creando moitas ocasións claras de gol e marcando 2 goles.

Empezou ganando o Ponte ao cortar un pase interior e encarar o porteiro sen oposición.; o equipo non se veu abaixo e conseguiu remontar este gol inicial, ao aproveitar Pablo e Abel dous balóns na area para chegar con vantaxe de 2-1 ao descanso.

Na segunda metade o equipo non poido manter o mesmo ritmo, motivado por varias causas: baixa de algunhos xogadores, cansanzo de outros e tamén polo empuxe do Ponte, que nesta fase do partido foi superior e deulle a volta ó resultado, marcando 3 goles para terminar con resultado final de 2-4.

Perdeuse o partido pero non solo importa o resultado, hoxe os nenos xogaron moi ben , deron unha imaxe de equipo competitivo e fixeron disfrutar os espectadores.

Destacar o boa actuación do colexiado,Manuel Casanova,un neno menor de 14 anos ,que fixo unha boa artitraxe

Xogaron: Xoan, Xabi,Xoel, Pedro, Luis, Abel, Pablo,Fran, Lucas,Ivan,Joel

Goles: Pablo, Abel