![]() |
![]() |
|
BARBADAS 2 RIBEIRO 2, EMPATE XUSTO NOS ULTIMOS MINUTOS Partido moi igualado, no que o empate fai xusticia ao xogo e as ocasións de gol. Na primeira parte o xogo estaba moi embarullado, xogando os dous equipos moito polo centro desperdiciando as bandas.O Ribeiro tivo varias ocasións de gol, pero non acertaron e o Barbadás nunha xogada de contraataque marcou o seu gol, chegando o descanso co resultado de 1-0. Na segunda parte o Ribeiro sae mellor posicionado, xogando polos extremos e crea varias ocasións de gol, que desbaratan a defensa e as boas intervencións do seu porteiro.Nunha bonita xogada de saque de corner, Xabi de tiro raso axustado o pau corto consigue o gol do empate. A alegría durou pouco e nunha falta directa o nº 10 do Barbadás mete o balón pola escadra, poñendose en ventaxa Falltaba pouco para o final e O Ribeiro apreta , non se rinde e nunha xogada pola banda dereita, Lucas chega forzado a linea de fondo, pero consigue centrar e Luis no 2º pau remata coa planta do pé, conseguindo empatar o partido. O equipo local tivo unha última ocasión nun tiro raso que foi desviada por Juan nun dexpexe ca perna. O equipo baixou o seu nivel de xogo, xoga máis apurado e costalle mais combinar, pero ten casta e loita ata o final. Esperamos que recuperen o nivel inicial da temporada e volvan a disfrutar xogando e tendo o balón. Guardiola di: " sin pelota no hay toque, sin toque no hay control y sin control no hay Barça" E o que lle guste o futbol, incluso sendo madridista, ten que reconocer que xogo do Barça enamora. Xogaron: Juan, Alvaro,Xabi,Pedro,Abel, Luis,Xoel,Jesuneh,Fran,Iván,Lucas e Joel Goles: Xabi, Luis.
FOTOS DE http://www.barbadasbase.blogspot.com/
|
|||||||||||||||||