O Ribeiro empata nun partido marcado polo calor

Tarde moi calorosa para disputar un partido de fútbol, se a iso engadimos que o noso "marabilloso" campo non dispón de ningunha zona de sombra, temos que sacarnos o chapeu ante o esforzo dos dous equipos.

O partido comezaba coa incidencia que ocorre nos nosos partidos como locais que se xogan pola semana, é dicir non acode o árbitro, polo tanto o noso coordinador Tizón decide actuar de arbitro previo consentimento de ambos os adestradores.

Partido moi trabado, con pouco xogo e moita loita, na primeira xogada boa por banda o Barbadas adiantábase no marcador, pouco despois tomaba máis vantaxe nun córner ben rematado, os nosos non se renderon e pronto acurtaban distancias, para antes do descanso empatar o partido.

O segundo tempo moito xogo longo e poucas oportunidades pero as que houbo gran actuación de ambos os porteiros.

Con este resultado só gañar os tres partidos restantes darannos opcións de pasar a semifinais de copa, de todos os xeitos agradecer o esforzo deste equipo que está disputando dous partidos semanais.