![]() |
![]() |
|
PRIMEIRA PARTE EQUILIBRADA, LOGO O PABELLON FOI MOI SUPERIOR. . Partido xogado nos Remedios, ante o lider indiscutible da categoría; sen dúbida xogamos hoxe ante o mellor equipo provincial de alevíns; ganou todos os partidos e só encaixou 6 goles en contra , marcando máis de 60 a favor. O Ribeiro fixo unha meritoria primeira parte, adiantouse no marcador e chegou o descanso co resultado de 1-2. Saímos moi concentrados e tocando ben o balón, e o gol chegou ó rematar pillamente Xoel no segundo pau unha falta lanzada por Abel. O Pabellón sorprendeuse con este inicio, pero empezou a mover o balón de lado a lado facendo bonitas triangulacións , e o Ribeiro tocoulle defenderse. A segunda metade foi de dominio moi claro do equipo local, metendo 4 goles máis, que poideron ser maís se non fose polas boas intervencións defensivas e polo acerto do noso porteiro. O noso equipo baixou físicamente, o ter poucos recambios ,e o equipo rival nunca baixa o seu ritmo, debido a amplitude e calidade da sua plantilla. Xogaron: Xoan , Alvaro, Xabi, Xoel, Abel,Luis,Jesuneh,Pablo, Edgar, Fran,Lucas. Gol: Xoel
|
|||||||||||||||