![]() |
![]() |
|
Comezan as obras no Xestal Area
O día 9 de xaneiro , como estaba previsto, comezaron as obras no Xestal Area. Un comezo tan lento como esperado. Moitas foron as persoas que se achegaron ao Xestal para ver cos seus propios ollos as máquinas traballando no campo, e aínda que ver non deberon ver moito, se comprobaron que puxeran os sinais de seguridade habituais nas obras, o que era un indicio de que era real, e non un soño o comezo. Moitos, pero moitos anos esperando a noticia; loitando, gritando, discutindo e, sobre todo, desesperándonos ante a evidencia máis dura de ser tan insignificantes ante o poder establecido, que ninguén se daba conta de que 150 nenos da comarca do Ribeiro xogaban nun campo falto de seguridade e condicións mínimas mentres outros clubs con só un equipo senior en liza xogaban nun recentemente estreado campo de herba artificial; un campo do que todos falaban do inxusto que era xogar aí pero que ao marcharse, esquecíanse ata a seguinte visita; un campo no que as condicións climáticas sufriámolas dobremente, porque o aire podía tirar os bancos e provocar unha desgraza, porque a choiva deixaba as pedras na superficie, porque a auga podía provocar resbalones cerca do bordo, polo sol secaba a area que provocaba obstrucións nas pequenas vías respiratorias, porque o aire, a choiva, o frío e o sol apagaban os nosos berros de auxilio. Agora todos vémolo coa ilusión posta no novo campo de herba artificial que solucionará moitos dos problemas existentes e que intentaremos aproveitar para que os nosos rapaces sigan mellorando no futbolístico e no persoal. Mentres a nova instalación non chega teremos que facer un gran esforzo, xa que desprazaremos a todos os equipos polos diferentes campos da comarca. Así o xuvenil desprazarase a Quines, o cadete a Cortegada e o alevín e os dous equipos benjamín a Carballeda de Avia, contando co apoio para os adestramentos co campo municipal do Xestal de herba, o que diminuirá os desprazamentos dos máis pequenos. O senior e o infantil seguirán utilizando o campo do Souto. Toda unha trasfega de persoas e material que intentaremos non prexudique o bo funcionamento da Escola. O Ribeiro Fútbol Club quere agradecer ao Cortegada, Quins, Lodairo e Ribadadavia a súa disposición para que os nosos mozos poidan seguir xogando nos tres meses que poden durar as obras, aínda que xa que estamos, o que desexamos é que queden ben.
BEBETO PECHA A PORTA DO XESTAL AREA POR DERRADEIRA VEZ |
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora |
|||||||||||||||||