![]() |
![]() |
|
Vitoria dos cadetes ante el líder da categoría Partido xogado no Xestal de terra hoxe, domingo, pola mañá nun terreo de xogo que se atopaba en boas condicións a pesar da choiva caída durante toda a semana. Enfrontabámonos ao líder da categoría que unicamente perdera un partido, polo que se lle supuña que ía ser moi complicado sumar os tres puntos. Empezamos con moita intensidade, o que nos fixo posuidores do balón e dominando todas as facetas do xogo. Aos 10 minutos xa lograramos dous goles por medio de Lucas. O equipo non afrouxou e conseguiu outros dous antes do descanso por medio de Gabri e Lucas. Co marcador de catro cero fómonos ao vestiario a repor forzas para o segundo tempo. Na continuación o noso equipo seguiu loitando cada balón coma se o marcador estivese máis igualado. O quinto chegou por medio de Chechu ao executar unha pena máxima realizada sobre Lucas. O Chantada nese momento baixou os brazos, o que aproveitaron os nosos mozos para gozar co seu xogo. José consegue o sexto de disparo desde fóra da área, mentres que Gabri fai o sétimo. O xogador infantil, Aarón logra o oitavo mentres que Gabri pecha cóntaa realizadora co noveno. Por fin un partido completo dos nosos que estiveron concentrados durante todo o encontro. Destacar a actitude do equipo e o traballo de Alex e Aaron, xogadores do equipo infantil, que fixeron un bo partido. No próximo encontro enfrontámonos ao segundo clasificado, o Ourense, equipo favorito para o ascenso de categoría. Xogaron polo Ribeiro: Brais, Xián (Borja), Kevin (Rojo), David, Chechu , Jose, Alex (Aarón), Chispas (Sergio), Simón (Gabriel), Gabri e Lucas
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||