Non poido ser. Os cadetes perderon co Antela

Os cadetes perderon este sábado a final da Copa Delegación disputada en Oira.

Foi un partido no que decidiuse xa nos primeiro 10 minutos con dous goles do Antela que deixou moi tocados aos nosos xogadores. O inicio foi equilibrado pero a calidade dos rivais na dianteira e a falta de intensidade nos nosos fixo que o Antela encarrilara a final.

Recuperámonos co gol de Lucas nun bo desmarque a pase de Gabri, que deu paso ós mellores momentos dos nosos, pero outra vez, en dous erros defensivos, o Antela fixo dous goles. Có 4-1 fúmonos o descanso.

Tras la reanudación o equipo saliu con moita máis intensidade o que igualou o xogo, ainda que tivemos poucas ocasións de recurtar distancias, houbo unha moi clara de Lucas que non acertou coa porta baleira. Con esa oportunidade acabouse as esperanzas de remontada.

O Antela siguiu mantendo a posesión do balón e incluso volviu a marcar outro gol nunha nova boa xogada do dianteiro que non supemos parar en defensa.

De aí ata o final moito control do balón do Antela que fixo un bo partido e que mereceu gañar. Felicitar o Antela polo fútbol realizado se ben, coa calidade que teñen os seus xogadores non teñen necesidade do xogo duro que practican en ocasións o que afean os seus reaultados

Xogaron polo Ribeiro: Brais, Kevin (Lorenzo), Carlos (Xian), Gabriel (Simón), David, Chechu, Jose, Izan, Chispas (Sergio), Gabri e Lucas

 

 

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

KIKE

GARDAMETA DO EQUIPO XUVENIL

 

PREBENXAMÍN 2010/2011

CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2010/2011

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

 

Tiempo

 

 

Colabora