O cadete gaña no seu primer partido da tempada

Bo partido dos cadetes no campo de Quins debido ao mal estado do campo do Xestal de terra. Esperemos que o próximo partido dos nosos en casa poidan xogalo no seu campo.

O partido comenzou cun Ribeiro que intentaba impoñer o seu ritmo ante un Barbadás moi ben colocado que poñía moitas dificultades aos nosos. Moi pronto marcamos o 1-0 por medio de Lucas. Parecía que o partido desequilibrábase do noso lado pero o Barbadás deu un paso cara adiante conseguindo o empate.

Ao noso equipo non lle afectou e seguiu intentando un xogo rápido e combinativo.

Na última parte deste primeiro tempo conseguimos materializar dúas ocasións por medio de Chechu, logo de recoller o rexeite do porteiro a lanzamento de falta de Jose, e de Gabri ao recibir un pase en profundidade de Izan. Con este resultado de 3-1 chegamos ao descanso.

Nada máis comezar a segunda parte pechabamos definitivamente o partido cando Gabri só tivo que empuxar un gran servizo de Lucas.

De aí ata o final tivemos moitas e claras ocasións que non soubemos concretar en gol.

O Barbadás intentou xogar o balón en todo momento dando unha boa imaxe na súa visita a terras do Ribeiro.

Os nosos moi serios en todo o partido e xogando a bo nivel aínda que aínda nos queda moito camiño que percorrer.

O próximo fin de semana viaxamos ao Barco, un partido que se presume moi duro.

Agradecer á Directiva do Quins todas as facilidades para poder xogar este partido .

Xogaron polo Ribeiro: Brais (Juan), Kevin (Rojo), Borja (Sergio), David, Chechu, Jose, Chispas, Arturo, Izan, Gabri e Lucas (Simón)

 

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

KIKE

GARDAMETA DO EQUIPO XUVENIL

 

PREBENXAMÍN 2010/2011

CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2010/2011

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

 

Tiempo

 

 

Colabora