![]() |
![]() |
|
Os cadetes na final da Copa Delegación Partido xogado nun duro e polvorento terreo de xogo nunha mañá soleada e moi calurosa. Tíñamos diante a posibilidade de clasificarnos de maneira autoritaria, gañando todos os partdos da liguiña, e fixémoslo. Diante tíñamos un equipo que viña a Ribadavia a intentar gañar e, se era posible, conseguir unha diferenza de goles suficiente para acadar a final, pero os nosos non deixaron que xurdira a sorpresa e aos 15 segundos conseguimos adiantarnos no marcador por medio de Gabri. O Ourense B intentou sobreporse a este revés, pero cando equilibrou un pouco o xogo, os nosos deron mostra de o seu poderío ofensivo e conseguimos poe distancia no marcador por medio de Gabri, Lucas (3) e Simón. Co resultado de 6-0 fúmonos o descanso. Co todo decidido o equipo relaxouse no segundo tempo e, ainda que seguiamos mantendo o control do partido o Ourense chegounos con máis facilidade conseguindo marcar tres goles mentres os nosos só pudiron marcar dos, sendo Chechu e Simón o seus autores. O remate dos 80 minutos o resultado foi de 8-3 e conseguindo a clasificación para a final da Copa Delegación. O noso rival será o Antela que liderou o seu grupo. Esta final disputarase seguramente en dez días xa que temos a sorte de contar con tres xogadores na Seleción de Ourense S-15 que xogará este fin de semana o Torneo Cadete organizado polo Pabellón. A final será moi difícil gañala, xa que o Antela superounos nos dous encontros de liga, polo que buscaremos o desquite desos encontros . Desde esta páxina web quisiera felicitar a o equipo cadete polo trabajo realizado nesta tempada onde tivemos que superar moitas dificultades, entre elas a lesión de Arturo a quen desexamos unha pronta recuperación e dedicarlle esta final. Xogaron polo Ribeiro: Brais, Sergio, Carlos, David, Borja (Lorenzo), Chechu (Dani), Simón,.José (Kevin), Izan, Gabri (Rojo)e Lucas (Chispas).
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||