![]() |
![]() |
|
BENXAMIN B A POLO TERCEIRO POSTO
Unha xornada máis xogamos no campo de Lodairo en Carballeda. Recibimos A Peroxa con gañas de acadar unha nova vitoria para seguir sumando puntos. Nesta ocasión os nosos xa esqueceron o turrón e saíron dende o primeiro minuto pola vitoria. Non tivemos que esperar moito xa que no minuto 10 Dominik marca o primeiro e un pouco antes de finalizar a primeira parte Iker marcaría o segundo gol. Aínda con esta vantaxe a segunda parte seria semellante a primeira os nosos non deixaron xogar o equipo contrario e como recompensa obteriamos 5 goles máis sendo o último un tiro de falta realizado por Sergio que daría no corpo dun defensa axudando o balón a entrar na portería. Destacar a actuación de Angel o noso porteiro pola seguridade que nos está dando nos últimos encontros. Parabéns a todos polo espectáculo ofrecido xa que o encontro foi limpo e os rapaces dos dous equipos puxeron todo da súa parte. RIBEIRO: ANGEL, GABRIEL, MARKEL, ABRAHAM, DOMINIK, JOEL, TEO, IKER, SERGIO, AARON, DIEGO. GOLES: SERGIO(1), IKER (3),TEO(2), DOMINIK (1). A PEROXA: XIAN, ANGEL, ALEX, FELIX, RAUL, DEMETRIO, SINHAR, YAGO, NESTOR, CALOR, FRANCISCO.
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora |
|||||||||||||||||