![]() |
![]() |
|
VITORIA NO LODAIRO
En partido disputado na fría mañá do sábado nas instalacións do campo de futbol do Lodairo, onde recibimos un trato excelente, e un campo en boas condicións entre o Ribeiro B e o Calasancio B de 2º división benxamín dirixida a contenda polo colexiado Diego Janeiro que non tivo complicacións durante todo o encontro. O partido empezou sen dono claro do balón xa que ao cadro de Borras custoulle adaptarse ás dimensións do campo, algo máis grande con respecto ao Xestal. Había moitas dúbidas no movemento dalgúns xogadores que non gardaban o sitio, ata que co gol de Dominick de disparo desde fóra da área, o partido cambiou. Un gran gol que afectou ao equipo contrario que se sentiu presionado moi encima súa en todas a posicións, o que fixo que perdesen moi pronto o balón non dándolle opcións durante todo o encontro, o que fixo que chegasen máis goles a favor do equipo local, o que provocou máis variacións no campo e dándolle minutos a todos os xogadores. O equipo rival aproveitou a circunstancia para marcar o seu único gol aínda que o resultado puido ser moito máis elevado pero os dianteiros non estiveron moi acertados. En definitiva un bo partido, a destacar o esforzo de todos os xogadores que o deron todo durante todo o encontro. MARCARON: GABRIEL 1, DOMINICK 1, IKER 1, SERGIO 1.
MARCOU : MANUEL 1.
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora |
|||||||||||||||||