









|
Derrota nun bo partido
O partido disputado o sábado dia 15 ás 17h no campo impracticable para calquera deporte coñecido do Xestal Praia Area entre Ribeiro FC b - Ponte D benxamín acabou co resultado de 2 - 8 a favor dos visitantes.
Un partido con dous partes moi diferenciadas cunha primeira parte a favor dos nosos que empezou gañando o partido por 2 - 1, e unha segunda totalmente irresistible por parte do Ponte.
Hai que recordar que o noso equipo vén do futbol sala e nota unha diferenza abismal co futbol 7, xa que o campo é mais grande, é mais físico, tócase menos o balón, hai que correr máis e duran máis os partidos. O noso equipo leva poucos adestramentos e poucos partidos e aínda así intento dar a cara ante un equipo moi ben traballado por Vidaurre, un equipo que vén xa de competir en futbol 7 pre benxamín e que ten moi ben aprendido o rol do futbol 7. De todos os xeitos parabén aos dous equipos polo partido desenvolvido. Mención especial para o xogador do Ponte D Fernando, impresionante.
-Ribeiro B: Ángel, Gabriel, Markel, Sergio, Abrahán, Dominick, Aarón, Yoel, Teo, Iker.
- Ponte D: Marcos, Ángel, Hugo, Alex, Fernando, Israel, Fabio, Alejandro, Hugo, Samuel
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

Un novo blog comeza



PREBENXAMÍN 2010/2011
CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2010/2011
CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

III Torneo Alevín
Tiempo

Colabora


|