![]() |
![]() |
|
Campións do Torneo de Celanova Comezou o Torneo de Celanova co seguinte grupo: O primeiro partido disputámolo á primeira hora co Celanova B, os partidos duraban 25 minutos, e a pesar de ser unha hora tan temperá, os nenos saíron moi espertos porque pronto colleriamos unha ampla vantaxe, póndonos 4 a 0 e acabando este partido 5 a 2, e así practicamente certificar o pase ás semifinais. Recortariamos distancia póndonos 2 a 1, e gozando de moitas ocasións que errariamos, e xa se sabe quen perdoa págao e así foi porque nunha rápida contra do Pabellon anotaron un novo gol pondo unha maior vantaxe (3 a 1), facéndonos imposible superala aínda que logo maquillásemos cun gol no desconto quedando 3 a 2. Con este resultado pasariamos segundo de grupo, co cal enfrontámonos ao Antela en semifinais que quedou primeiro do outro grupo. Este partido foi sen dúbida o mellor dos nosos en todo o torneo, porque saíron moi mentalizados en aguantar e non complicarse atrás e de mover moi rápido o balón para chegar á portería contraria con superioridade, Foi así como puxémonos moi cedo cunha clara vantaxe de 3 a 0 con só 5 minutos de partido disputados, e sorprendendo ao rival que non sabia como atacarnos. Con esta vantaxe xogamos cunha maior tranquilidade o cal serviría para certificar o noso pase á final cun resultado final de 4 a 1. Así nos volveriamos a atopar co Pabellon que eliminara con facilidade ao Celanova A na outra semifinal. O partido non tivo nada que ver co da fase de grupos, posto que os nosos xogadores saíron moito máis mentalizados e coa lección ben aprendida de que non se lle podían dar facilidades en defensa, e así o partido foi moitísimo máis disputado, sen ter nada claro que equipo podíase levar a vitoria. Con rápidas contras dos nosos xogadores puñamos en moitos aprietos a zaga rival pero unhas veces o porteiro e outras veces os paus, desbarataban as nosas ocasións, ata que chegou unha internada pola banda de Miguel cerca do final do partido que acabaría cun tiro desviado por un rival e entrando na portería, poniéndonos cunha vantaxe no marcador, a cal manteriamos ata o final do partido, levándonos así a vitoria e o torneo. E, sobre todo, unha gran alegría. Gustaríame destacar, aparte da gran vitoria deste xeración de nenos que seguro que darán moitas alegrías a este club, a importancia deste club á hora de coidar as súas categorías inferiores, que cada vez están sendo mellor estruturada
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora |
|||||||||||||||||