Nun partido moi duro os nosos foron capaces de sacalo adiante.
Foi un encontro no que pronto nos adiantamos cun gol de Pedro de falta ao bordo da área, acurtando o Pabellón pouco despois e volvéndonos adiantar por medio de Xavi. Case ao final o equipo visitante empata o partido, terminando así a primeira parte.
Na segunda un gol de Dani adiántanos no marcador e a mediados Iago pon o cuarto. Case finalizando o partido Xavi consegue un gran gol desde fóra da área, terminando así o partido.
A grandes liñas isto podería ser a crónica normal pero non diriamos o que en verdade pasou no encontro.
Co marcador en contra o Pavillón dedicouse a xogar duro, e aínda que iso non é malo pois o fútbol é un deporte de contacto e xogar forte é normal, pero o que non é é que xoguen sucio e con mala intención, aínda que levasen as de perder: agarróns, patadas por detrás ou cando un xogador estaba tirado á beira do seu banco os suplentes dábanlle patadas ante a indiferenza do adestrador, que por certo xa se esqueceu que no seu campo non aparecían os balóns e outras cousas que todos vimos.
Todo o ocorrido dentro do campo incrementouse cando os nenos dirixíanse ao vestiario cantando "RIBEIRO MUERETE, MUERETE" co educador preto deles e sen facer nin dicir nada, para despois meterse nos vestiarios e andar a golpes coas instalacións e o mobiliario, darlle a volta ás duchas e deixalas abertas, así como certos insultos dirixidos aos adestradores e xogadores locais.
As preguntas que nos facemos son se esta é unha escola de futbol ?, Isto é o que queren inculcarlles como deportistas? É o mesmo equipo que se queixou do Celta fai dúas semanas?
Non son estes os, en teoría, mellores equipos da provincia?
Foi unha vergoña, para un equipo que durante anos foi o reflexo do que deben ser as escolas de futbol e do deporte ourensán en xeral É denigrante que isto pase e o peor é que a persoa que os dirixía aplaudíselles as canalladas. Antes de ser xogadores hai que ser persoas e non dubido da súa calidade, pero si da súa urbanidad e ese señor antes de adestrar a un equipo que pense na imaxe que deixou. Por sorte sabemos que non todos os equipos do Pabellón son así, nin os seus adestradores, e que teñen unha historia detrás que algúns non esqueceremos, pero que nos enche de tristeza é ver o que pasou e no que está derivando isto.