Información do alevín

Ribeiro 3, Arenteiro 2

Partido correspondente a primeira xornada da Copa Deputación.

O partido deste sábado é un calco dos disputados na liga contra este equipo, bo fútbol por parte do Arenteiro intentando xogar o balón e os nosos cunha forte defensa a partir do medio campo, a diferenza esta vez foi as xogadas a balón parado onde os nosos conseguiron os goles.

A primeira parte resúmese nunha xogada a balón parado onde Pedro consegue gol despois de que o balón desviáseo un defensa.

A segunda foi mais intensa o Arenteiro conseguiu o empate nun saque de esquina isto enfureció aos nosos e nunha falta, por fin pitada, Xavi conseguiu adiantarnos, pero o Arenteiro tiña aínda forzas, e nunha contra conseguiu o empate, os nosos intentaron de todo: paredes, uns contra uns, un contra todos pero sobre todo moita presión para recuperar rápido e intentar marcar, pero tivo que ser noutra falta, onde Pedro nos volveu adiantar.

Despois, a diferenza doutras veces, no canto de durmir o partido seguiuse presionando e intentouse unha maior vantaxe aínda que non puido ser.

O Ribeiro F.C.

 

 

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

ADRIÁN SANTÁS

CAPITÁN DO EQUIPO XUVENIL

 

INFANTIL 2009/2010

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

Tiempo

 

Colabora