A gran final do I Torneo de Fútbol Base da categoría alevín xogouse entre dous equipos de características ben diferenciadas, un o Celta cun dominio rápido e preciso do balón e o Pavillón con moita garra e colocación no campo.
Ningún dos dous perdera un só partido e aínda que o Celta partía como claro favorito, todos sabiamos, e queriamos, que o Pavillón puxéselle as cousas moi difíciles.
E así foi, durante a primeira metade, a colocación e as constantes axudas en defensa eran suficientes para contra-restar o xogo dinámico en ataque do Celta ata a gran ocasión de porse por diante tívoa o Pavillón que nunha contra chegou o balón ao seu dianteiro que cunha vaselina superou ao porteiro celeste, pero o balón foise un pouco desviado.
Na segunda metade todo seguía igual, un quero e non podo do Celta e *contras perigosas de Ponte ata que chegou a xogada clave : disparo de lonxe da Ponte que pega no traveseiro, o rexeite chégalle ao pequeno xogador ourensán que por dúas veces tira rexeitando o poste o balón.
Na seguinte xogada balón que chega ao dianteiro do Celta que marca de tiro raso á saída do porteiro.
Con este gol acábase o partido e nomea ao Celta como primeiro gañador deste Torneo que,esperemos, de moito que falar no futuro.
Destacar o árbitro do partido Bernardino González, árbitro internacional do colexio ourensán que coa súa presenza na final puxo o broche de ouro final ao Torneo que tivo, sen dúbida, un 10 na súa organización e na calidade dos equipos participantes.